xoves, 8 de xuño de 2023

martes, 10 de xaneiro de 2023

EQUIPOS DO SEGUNDO TRIMESTRE

Nenos e nenas! Atención, xa tedes os novos equipos para esta segunda tempada de Xoves Olímpicos 2022/2023. Ide quentando motores porque a cousa promete. A por todas!!!

mércores, 30 de novembro de 2022

xoves, 10 de novembro de 2022

6ª XORNADA_Dispara á pelota xigante!!!

Que tal tedes a puntería? Tranquilos, o branco a disparar é unha pelota de ioga😄. Nesta proba hai que lanzarlle ca man outras pelotas máis pequenas á pelota grande que está no medio do campo. Os equipos sitúanse un a cada lado, enfrentados. O que consiga meter a pelota no campo do contrario gaña.

Parece que España vai de vento en popa.

xoves, 3 de novembro de 2022

5ª XORNADA_O pratillo voador!!!

 Que ben se lle da aos nen@a de A Silva lanzar o pratillo! Con que destreza! Desta vez había que atinarlle a uns conos lanzandolle pratillos. Atención! Os conos máis pequenos e rebeldes puntuan máis.

xoves, 27 de outubro de 2022

4ª XORNADA_Baloncesto!!!

 E chegou o baloncesto. Noraboa a Nova Zelanda. Toda unha mestra en meter a pelota no aro. Aqui tedes a nova clasificación. 

xoves, 20 de outubro de 2022

3ª XORNADA_Encesta a bola!!!

 Hoxe en "Encesta a Bola" pasámolo xenial. Unha maneira de xogar ao pingpong un tanto especial pero foi divertido igualmente!

xoves, 13 de outubro de 2022

2ª XORNADA_Bolos!!!

Hoxe toca xogar os bolos. Bueno!!! Máis ben aos botes de deterxente. E que hai que reciclar, sabiades? Porque se non imos rematar enchendo o planeta de lixo. A cousa non está para tirar foguetes, así que mellor será que lle prestemos máis atención ás tres R: 

REDUCIR, REUTILIZAR e RECICLAR

Así quedou a clasificación. Parabéns a Nova Zelanda!!!

luns, 10 de outubro de 2022

Video de Inauguración

Aquí tedes o video de inauguración dos Xoves Olímpicos 2022-2023. Clicádelle aí, non ten desperdicio!!!😊😊😊